Como poden

Cantigas de Santa Maria, Castille 1280

Como poden per sas culpas os omes seer contreitos,
assi poden pela Virgen depois seer saos feitos.
Como poden…

Ond’ avo a un ome,
por pecados que fezera,
que foi tolleito dos nenbros
da door que ouvera,
e durou assi cinc’ anos
que mover-se non podera,
assi avia os nenbros
todos do corpo maltreitos.

Con esta enfermidade
atan grande que avia
prometeu que, se guarisse,
a Salas logo irya
e ha livra de cera
cad’ ano ll’ ofereria;
e atan toste foi sao,
que non ouv’ y outros preitos.

Daquest’ a Santa Maria
deron graças e loores,
porque livra os doentes
de maes e de doores
e demais está rogando
senpre por nos pecadores;
e poren devemos todos
sempre seer seus sogeitos.